NOVIDADES
Esta semana estivo cargada de novidades.
O luns a profe cambiounos de sitio. E en música aprendemos unha canción e un baile.
En EF estivemos xogando ao "voleicesto", que consiste en facer un tiro de voleyball e marcar na canastra de baloncesto.
O mércores estreamos o libro virtual de mates na plataforma E-DIXGAL, que ben! E logo en plástica fixemos follas para o noso traballo de outono; xa case está rematado!
O xoves estivemos aprendendo a facer un texto en Writer.
E para rematar a semana... Imos levar os ordenadores por primeira vez para casa. Que emoción!
E isto foi todo. Ata a próxima entrada.

Lucas Fernández e Lucas Fraga 5º
Comentarios
Publicar un comentario