REMATOU NOVEMBRO
Ola outra vez a todos!
Esta semana pasada a mestra ensinounos o da linguaxe e as linguas, que aínda que o pareza non é o mesmo, e a última hora xogamos a uns xogos para practicar as táboas. Pasámolo xenial!
Tamén tivemos o exame de inglés e aprendemos a empregar un novo programa chamado Impress cos nosos propios ordenadores. Ademais deunos tempo a facer karaoke, ben!
Deica a próxima!
Daniela e Eros de 5º
Comentarios
Publicar un comentario