O NOSO NOVO BLOG!!
Benvidos a estrea do noso novo blog!
Veredes, estivemos dándolle voltas e decidimos facer unha renovación do noso blog. Así que entre algúns de clase, pensamos en como sacarlle partido e crear un espazo máis dinámico e con novos contidos, e... Aquí está!
A partir de agora o noso blog terá tres seccións: entrevistas, novas, entretemento e sección cultural. Esperamos que as desfrutedes e que participedes usando o apartado de comentarios. Todo voso!
ENTREVISTAS
Esta semana entrevistamos a... Daniel o noso conserxe!
1º Cando naciches?
En 1965.
2º E onde?
En Mos, na parroquia de Dornelas.
3º Gústache traballar neste colexio?
Si, moito.
4º Traballas noutros colexios?
Ás veces si.
5º Tes axudantes para facer o teu traballo?
Normalmente non, fágoo eu só.
NOVAS
- AS XORNADAS DE CONVIVENCIA.
O último día do 2º trimestre celebramos a xornada de convivencia. Esta xornada consiste en que os nenos e nenas de 6º van a cada clase e recollen aos rapaces dos outros cursos por grupos. Logo van a facer xogos nas clases e fora. Este ano algúns foron: zancos, cadeiras cooperativas, curtametraxes...
Cando rematan os xogos, volvemos as clases e as nosas mestras dannos os boletíns de notas. E por fin... Fomos de vacacións de Semana Santa!- CINE NA ESCOLA.
A volta das vacacións atopamos unha gran sorpresa... Imos converter o colexio nun cine! Será o vindeiro martes 30 de abril. Os de Infantil verán "Fantasía 2000", mentres ca, os de primaria poderemos escoller entre: "Spiderman un nuevo universo", " Ralph rompe internet" ou " El cascanueces y los cuatro reinos". Para poder ver estas películas precisas 5 biblioeuros ( que son os cartos da nosa biblioteca) para mercar a entrada, e 1 biblioeuro máis se queres mercar palomitas. Non vexades que ringleiras de nenos e nenas había estes días na taquilla!
E estas foron as novidades desta semana. Deica a próxima entrega!
SECCIÓN CULTURAL
Que podo facer para pasalo ben estes días? Se vos estades a facer esta pregunta, estades na sección axeitada. Esta semana traémosvos varios plans interesantes para encher as vosas axendas.
- Grupo Queen. Actuaran o venres 10 de maio no campo UD de Mos.
- Arde o pazo. O sábado 27 de abril no pazo de Mos. Haberá unha chea de actividades interesantes como o concurso de espantallos.
- Cine en familia. Recomendámosvos: "Bikes", "Mia y el león blanco", "El parque mágico", "Dumbo" e " Capitana Marvel".
ENTRETEMENTO
Hola amigas e amigos! Hoxe na sección de entretemento recomendámosvos a páxina web " Cristic". Trátase dunha páxina web educativa onde atoparedes xogos para practicar: Matemáticas, Lingua Castelá, etc. Aquí tedes o enlace por se queredes botarlle unha ollada.
http://www.cristic.com/
E tamén vos deixamos unha sopa de letras sobre os animais. A ver se sodes quen de atopalos todos, (contádenolo nos comentarios por fa). A vindeira semana publicaremos a solución.
Boa sorte!
Comentarios
Publicar un comentario