Entradas

E XA CASE REMATANDO...

E xa case estamos a piques de rematar, así que vos deixamos algunhas das nosas últimas entradas. Imos aló! NOVAS O 11 de xuño, xunto cos compañeiros e compañeiras de 6º, iremos de excursión a Santiago para ver o Museo do pobo Galego, a catedral e a casa de Rosalía de Castro. Pasaremos todo o día alí! O 20 de xuño, un día antes de que rematen as clases, todo o alumnado reunirémonos no noso salón de actos para desfrutar de actuacións de baile, cancións e interpretacións intrumentais realizadas por algúns dos nosos compañeiros e compañeiras. Iso si que é unha despedida ao grande porque... XA CHEGAN AS VACACIÓN DE VERÁN! XOGOS Desta volta, na sección de xogos recomendámosvos a páxina da ESA (a Axencia Espacial Europea), onde aprenderemos moito sobre o espazo. Esakids OCIO E CULTURA Estes días poderemos desfrutar con: O sábado 1 de xuño e o domingo 2 de xuño teremos as festas do Santísimo Cristo do Castro. Do sábado 8 de xuño ata o 9 de xuño teremos as festas na honra

CONTÁMOSVOS...

Ola de novo. Esta semana o noso blog vén cargadiño de novidades interesantes. Aí vos van. NOVAS DA CLASE Esta semana cambiámonos de sitio para facer un experimento social. A mestra fíxonos unhas preguntas e os que coincidiamos na mesma resposta sentámonos xuntos durante un día. Como será a experiencia? ENTREVISTAS Desta volta a nosa entrevistada é a profe Montse. 1. Cantos anos tes?  Teño 40 anos. 2. Gústache traballar de mestra?  Encántame. 3. Cal é o teu instrumento favorito?  O fagot. 4. Por que escolliches o camiño da música?  Porque apaixonábame dende cativa. 5. Tocas o clarinete? Si, tocábao. 6. Cal é a túa comida favorita? O peixe. Moitas grazas pola túa colaboración Montse! SECCIÓN CULTURAL Esta semana traémosvos unha morea de actividades; como se nota que xa comezou a tempada de festas. Festa de carácter relixioso na honra do Santísimo Cristo do Castro que terá lugar en Mos os días 2 e 3 de xuño. Veciños e visitantes poderán desfrutar c

NOVIDADES

Imagen
CULTURA Esta semana na nosa sección cultural traémosvos unha interesante proposta. O club de natación de Mos ofrece un mes gratis para os interesados en iniciarse neste deporte. O obxectivo e continuar medrando e expandir a súa actividade entre os cativos e cativas do concello. Animádevos! XOGOS E velaquí vai un novo pasatempos. A ver se sodes quen de resolver este encrucillado sobre un dos nosos destacados escritores. Boa sorte!

FICHAS DE MATEMÁTICAS RESOLTAS

Imagen
Aquí vos deixo as fichas para practicar para o control resoltas. Deica o luns!

ESTA SEMANA...

NOVAS Este martes 30 de abril todo o colexio estivemos no "cine"; como xa vos comentaramos na anterior entrada. Foi unha experiencia xenial, mercamos as palomitas, fixemos as colas de rigor e divertímonos coas películas. Por outra banda, na clase estiviemos facendo o agasallo do día da nai, que como sabedes é este domingo 5 de maio. Tamén decidimos o que facer para o día das Letras Galegas, pero iso non volo imos contar. Claro que non todo e festas, temos moitas cousas importantes que facer: o luns 6 temos un exame de Matemáticas, o venres 10 de Lingua Castelá e o luns 13 un de Lingua Galega. Ah! E tamén estivemos facendo sonetos en lingua galega que presentaremos ao concurso dos Xogos Florais, A ver se hai sorte! E isto foi todo por esta semana. Adeus! ENTREVISTA Esta semana entrevistamos a titora de 5º, a nosa vamos, a mestra Laura. 1. Gústache o teu traballo? Si. 2. Cantos anos levas traballando de mestra? Levo 12 anos. 3. Cantos anos levas traballando