CONTÁMOSVOS...
Ola de novo. Esta semana o noso blog vén cargadiño de novidades interesantes. Aí vos van. NOVAS DA CLASE Esta semana cambiámonos de sitio para facer un experimento social. A mestra fíxonos unhas preguntas e os que coincidiamos na mesma resposta sentámonos xuntos durante un día. Como será a experiencia? ENTREVISTAS Desta volta a nosa entrevistada é a profe Montse. 1. Cantos anos tes? Teño 40 anos. 2. Gústache traballar de mestra? Encántame. 3. Cal é o teu instrumento favorito? O fagot. 4. Por que escolliches o camiño da música? Porque apaixonábame dende cativa. 5. Tocas o clarinete? Si, tocábao. 6. Cal é a túa comida favorita? O peixe. Moitas grazas pola túa colaboración Montse! SECCIÓN CULTURAL Esta semana traémosvos unha morea de actividades; como se nota que xa comezou a tempada de festas. Festa de carácter relixioso na honra do Santísimo Cristo do Castro que terá lugar en Mos os días 2 e 3 de xuño. Veciños e visitantes poderán desfrutar c
Comentarios
Publicar un comentario