ESTA SEMANA...

NOVAS

Este martes 30 de abril todo o colexio estivemos no "cine"; como xa vos comentaramos na anterior entrada. Foi unha experiencia xenial, mercamos as palomitas, fixemos as colas de rigor e divertímonos coas películas.

Por outra banda, na clase estiviemos facendo o agasallo do día da nai, que como sabedes é este domingo 5 de maio. Tamén decidimos o que facer para o día das Letras Galegas, pero iso non volo imos contar. Claro que non todo e festas, temos moitas cousas importantes que facer: o luns 6 temos un exame de Matemáticas, o venres 10 de Lingua Castelá e o luns 13 un de Lingua Galega. Ah! E tamén estivemos facendo sonetos en lingua galega que presentaremos ao concurso dos Xogos Florais, A ver se hai sorte!

E isto foi todo por esta semana. Adeus!

ENTREVISTA

Esta semana entrevistamos a titora de 5º, a nosa vamos, a mestra Laura.

1. Gústache o teu traballo?

Si.

2. Cantos anos levas traballando de mestra?

Levo 12 anos.

3. Cantos anos levas traballando nesta escola?

Levo 3 anos.


4. Gústanche as materias que das?

Si. Parécenme moi importantes.


5. Gustaríache dar outras materias?

Si. Inglés.

 6. Gústache traballar cos ordenadores?

Cando funcionan ben, si.

7. Gústache o proxecto E- DIXGAL /ABALAR?

Si, paréceme que está ben para que os rapaces e rapazas aprendan a utilizar as novas tecnoloxías.

E con isto rematamos. Ata a vindeira entrada!


Comentarios

Entradas populares de este blog

CONTÁMOSVOS...