E XA CASE REMATANDO...

E xa case estamos a piques de rematar, así que vos deixamos algunhas das nosas últimas entradas. Imos aló!

NOVAS

O 11 de xuño, xunto cos compañeiros e compañeiras de 6º, iremos de excursión a Santiago para ver o Museo do pobo Galego, a catedral e a casa de Rosalía de Castro. Pasaremos todo o día alí!

O 20 de xuño, un día antes de que rematen as clases, todo o alumnado reunirémonos no noso salón de actos para desfrutar de actuacións de baile, cancións e interpretacións intrumentais realizadas por algúns dos nosos compañeiros e compañeiras. Iso si que é unha despedida ao grande porque...

XA CHEGAN AS VACACIÓN DE VERÁN!

XOGOS

Desta volta, na sección de xogos recomendámosvos a páxina da ESA (a Axencia Espacial Europea), onde aprenderemos moito sobre o espazo.

Esakids

OCIO E CULTURA

Estes días poderemos desfrutar con:


  • O sábado 1 de xuño e o domingo 2 de xuño teremos as festas do Santísimo Cristo do Castro.
  • Do sábado 8 de xuño ata o 9 de xuño teremos as festas na honra de Santa Ana na Veigadaña.
  • O 13 de xuño poderemos desfrutar dun merecido día de descanso pola festa de Rosa.
  • O 16 de xuño teremos a XI xuntanza de palilleiras.
  • E para rematar, o vindeiro 23 e 24 de xuño celebraranse as festas na honra de San Xoan de Herville.
Así que non vos faltarán ocasións para divertirvos.

E isto foi todo. Desfrutamos moito facendo este traballo. Deica outra!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONTÁMOSVOS...