CONTÁMOSVOS...

Ola de novo. Esta semana o noso blog vén cargadiño de novidades interesantes. Aí vos van.

NOVAS DA CLASE

Esta semana cambiámonos de sitio para facer un experimento social. A mestra fíxonos unhas preguntas e os que coincidiamos na mesma resposta sentámonos xuntos durante un día. Como será a experiencia?

ENTREVISTAS

Desta volta a nosa entrevistada é a profe Montse.

1. Cantos anos tes? 

Teño 40 anos.

2. Gústache traballar de mestra? 

Encántame.

3. Cal é o teu instrumento favorito? 

O fagot.

4. Por que escolliches o camiño da música? 

Porque apaixonábame dende cativa.

5. Tocas o clarinete?

Si, tocábao.

6. Cal é a túa comida favorita?

O peixe.

Moitas grazas pola túa colaboración Montse!


SECCIÓN CULTURAL

Esta semana traémosvos unha morea de actividades; como se nota que xa comezou a tempada de festas.

Festa de carácter relixioso na honra do Santísimo Cristo do Castro que terá lugar en Mos os días 2 e 3 de xuño. Veciños e visitantes poderán desfrutar cos actos programados para a ocasión; como as verbenas amenizadas por grandes orquestras ata altas horas da mañá.

Por outra banda, os veciños do lugar da Veigadaña, na parroquia de San Mamede de Petelos do municipio de Mos, celebrarán durante os días 9 e 10 de xuño a súa festa relixiosa na honra a Santa Ana. Durante estes días tanto veciños coma visitantes poderán participar nos actos litúrxicos progamados para a ocasión e desfrutar de grandes actuacións musicais.

Por último o trece de xuño o Pazo de Mos acollerá a celebracións da festa da Rosa, declarada de interese turístico autonómico. Os asistentes poderán desfrutar cos actos programados para a ocasión, como o tradicional concurso de ramos de rosas e a degustación das deliciosas empanadas de pan de millo.

Comentarios

Entradas populares de este blog