Ola de novo. Esta semana o noso blog vén cargadiño de novidades interesantes. Aí vos van. NOVAS DA CLASE Esta semana cambiámonos de sitio para facer un experimento social. A mestra fíxonos unhas preguntas e os que coincidiamos na mesma resposta sentámonos xuntos durante un día. Como será a experiencia? ENTREVISTAS Desta volta a nosa entrevistada é a profe Montse. 1. Cantos anos tes? Teño 40 anos. 2. Gústache traballar de mestra? Encántame. 3. Cal é o teu instrumento favorito? O fagot. 4. Por que escolliches o camiño da música? Porque apaixonábame dende cativa. 5. Tocas o clarinete? Si, tocábao. 6. Cal é a túa comida favorita? O peixe. Moitas grazas pola túa colaboración Montse! SECCIÓN CULTURAL Esta semana traémosvos unha morea de actividades; como se nota que xa comezou a tempada de festas. Festa de carácter relixioso na honra do Santísimo Cristo do Castro que terá lugar en Mos os días 2 e 3 de xuño. Veciños e visitantes ...
E xa case estamos a piques de rematar, así que vos deixamos algunhas das nosas últimas entradas. Imos aló! NOVAS O 11 de xuño, xunto cos compañeiros e compañeiras de 6º, iremos de excursión a Santiago para ver o Museo do pobo Galego, a catedral e a casa de Rosalía de Castro. Pasaremos todo o día alí! O 20 de xuño, un día antes de que rematen as clases, todo o alumnado reunirémonos no noso salón de actos para desfrutar de actuacións de baile, cancións e interpretacións intrumentais realizadas por algúns dos nosos compañeiros e compañeiras. Iso si que é unha despedida ao grande porque... XA CHEGAN AS VACACIÓN DE VERÁN! XOGOS Desta volta, na sección de xogos recomendámosvos a páxina da ESA (a Axencia Espacial Europea), onde aprenderemos moito sobre o espazo. Esakids OCIO E CULTURA Estes días poderemos desfrutar con: O sábado 1 de xuño e o domingo 2 de xuño teremos as festas do Santísimo Cristo do Castro. Do sábado 8 de xuño ata o 9 de xuño teremos as festas na honra...
Comentarios
Publicar un comentario