A ÚLTIMA SEMANA...

Ola de novo:

Esta pasada semana estivo tan cargada de novidades que non puidemos publicalas ata agora. Imos aló!

Comezamos a semana empregando os ordenadores en Inglés coa teacher Ana, foi moi divertido, e en música con Montse aprendemos a tocar un pouco da "Funga Alafaia".

Para seguir os de Valores estivemos axudando a por a biblioteca do cole en orde para que comezase a funcionar e os de Relixión fixeron unhas manualidades; pero o mellor foi que en Ciencias Sociais puxemos os ordenadores en modo tablet e empregamos o lapis por primeira vez.

Xa na metade da semana tivemos a nosa "Asemblea" e falamos un rato do que nos pasou estes días...Cantas cousas! E logo en plástica rematamos o traballo do outono e comezamos a facer puntillismo con rotuladores. Foi un día moi interesante e así o reflexamos nos nosos diarios a última hora.

E para rematar tivemos outra clase moi divertida de Inglés e a última hora...
fomos a fóra cos prismáticos e lupas a ver moitas cousas como... gatos, arañas, nidos, paxaros... etc    
Cloé Gallié da Silva de 5º  Lois Berkume González Fernández de 5º

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONTÁMOSVOS...