XA ESTAMOS NO 2º TRIMESTRE

Ola de novo compañeiros e compañeiras!

Xa estamos aquí de novo para contarvos as novidades da volta ao cole.

Este luns estivemos aprendendo a canción "Chea de vida", que será a canción que empregaremos este ano no Día da Paz. Entre gritos e coros..., que mal nos saíu! A ver si para a a próxima imos mellorando.

O martes non fixemos nada especialmente interesante así que..., pasemos ao mércores. Este mércores, na hora de plástica, fixemos uns "collage" con revistas. Cada un escolleu o seu debuxo para rechelo coas anacos de revistas.

O xoves comezamos a gravar os audiocontos para a biblioteca e o venres viñeron contarnos como se deben tratar os RAEE ( residuos de aparellos eléctricos e electrónicos). Foi moi gracioso porque os protagonistas eran os Bolechas.

Xa vedes que tivemos unha semana moi emocionante. A ver que temos para a vindeira entrada. Adeus!

Alba de 5º

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONTÁMOSVOS...