O NOSO NOVO BLOG!!


Benvidos a estrea do noso novo blog!

Veredes, estivemos dándolle voltas e decidimos facer unha renovación do noso blog. Así que entre algúns de clase, pensamos en como sacarlle partido e crear un espazo máis dinámico e con novos contidos, e... Aquí está!

A partir de agora o noso blog terá tres seccións: entrevistas, novas, entretemento e sección cultural. Esperamos que as desfrutedes e que participedes usando o apartado de comentarios. Todo voso!

ENTREVISTAS


Esta semana entrevistamos a... Daniel o noso conserxe!

1º Cando naciches?

En 1965.

2º E onde?

En Mos, na parroquia de Dornelas.

3º Gústache traballar neste colexio?
 

Si, moito.


4º Traballas noutros colexios?

Ás veces si.

5º Tes axudantes para facer o teu traballo?

Normalmente non, fágoo eu só.



 
NOVAS

  • AS XORNADAS DE CONVIVENCIA.
O último día do 2º trimestre celebramos a xornada de convivencia. Esta xornada consiste en que os nenos e nenas de 6º van a cada clase e recollen aos rapaces dos outros cursos por grupos. Logo van a facer xogos nas clases e fora. Este ano algúns foron: zancos, cadeiras cooperativas, curtametraxes...
Cando rematan os xogos, volvemos as clases e as nosas mestras dannos os boletíns de notas. E por fin... Fomos de vacacións de Semana Santa!
 

  • CINE NA ESCOLA.
A volta das vacacións atopamos unha gran sorpresa... Imos converter o colexio nun cine! Será o vindeiro martes 30 de abril. Os de Infantil verán "Fantasía 2000", mentres ca, os de primaria poderemos escoller entre: "Spiderman un nuevo universo", " Ralph rompe internet" ou " El cascanueces y los cuatro reinos". Para poder ver estas películas precisas 5 biblioeuros ( que son os cartos da nosa biblioteca) para mercar a entrada, e 1 biblioeuro máis se queres mercar palomitas. Non vexades que ringleiras de nenos e nenas había estes días na taquilla!

E estas foron as novidades desta semana. Deica a próxima entrega!

SECCIÓN CULTURAL 

Que podo facer para pasalo ben estes días? Se vos estades a facer esta pregunta, estades na sección axeitada. Esta semana traémosvos varios plans interesantes para encher as vosas axendas.


  • Grupo Queen. Actuaran o venres 10 de maio no campo UD de Mos. 
  • Arde o pazo. O sábado 27 de abril no pazo de Mos. Haberá unha chea de actividades interesantes como o concurso de espantallos.
  • Cine en familia. Recomendámosvos: "Bikes", "Mia y el león blanco", "El parque mágico", "Dumbo" e " Capitana Marvel". 
Escollede o que máis vos guste e... A desfrutar!

ENTRETEMENTO

Hola amigas e amigos! Hoxe na sección de entretemento recomendámosvos a páxina web " Cristic". Trátase dunha páxina web educativa onde atoparedes xogos para practicar: Matemáticas, Lingua Castelá, etc. Aquí tedes o enlace por se queredes botarlle unha ollada.

http://www.cristic.com/

E tamén vos deixamos unha sopa de letras sobre os animais. A ver se sodes quen de atopalos todos, (contádenolo nos comentarios por fa). A vindeira semana publicaremos a solución. 




Boa sorte!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONTÁMOSVOS...